José Ramón Fernández-Bugallal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1917 |
Morte | 25 de xaneiro de 2007 (89/90 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político, empresario |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | María Cristina, José Ramón, Ana María e Juan Ignacio Fernández-Bugallal. |
Pais | Manuel Fernández Barrón e María del Carmen Bugallal |
Premios | |
José Ramón Fernández-Bugallal Barrón, conde de Bugallal, nado cara a 1917[1] e finado en Madrid o 25 de xaneiro de 2007,[2] foi un alto funcionario, político e avogado español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de María del Carmen Bugallal Rodríguez-Fajardo, Araujo y Codesido e do deputado Manuel Fernández Barrón, herdou o título de conde de Bugallal ao morrer a súa nai en 1970. Neto do xurisconsulto e ministro de Afonso XIII Gabino Bugallal,[2] entroncou cunha importante tradición familiar de xuristas e políticos españois.
Tras acadar a oposición de Inspector de Facenda, posteriormente sería nombrado Subsecretario de Estado dese Ministerio en tempos de Antonio Barrera de Irimo, tamén ostentou o cargo de presidente do Canal de Isabel II e dende 1965 ata a súa disolución foi membro do Consello Privado de Juan de Borbón.[3][4]
Foi tamén pioneiro do sistema de Leasing en España, chegou a presidir a Unión Española de financiamento (UNIFIBAN), a Unión Internacional de Financiamento (UNITER), a Asociación Española de Leasing (AEL) ou EUROFINAS, entidade que agrupaba as financeiras europeas. Formou parte dos consellos de administración de La Estrella, Vallehermoso, Hispamer Financiación, Hispamer Leasin, Corporación Financiera Hispamer, Cofile, HUNOSA, Minas de Almadén y Arrayanes e outras.
Persoa de convicións relixiosas, fundou en 1952, cun grupo de amigos, Estudios Generales S.A. coa idea de crear un centro educativo que fose quen de conxugar unha formación integral e cristiá cos máis avanzados métodos de ensino, e ese mesmo ano creou comxuntamente con outras personalidades o Colexio de Santa María de los Rosales.
Foi vocal e Vicepresidente do Consejo Superior de Acción Católica, membro do seu consello nacional e do Consejo Superior da Igrexa Católica. Foi ademais presidente da Editorial Católica, editora do xornal Ya.
Iniciada xa a Transición española, e unha vez que o Rei renunciou o privilexio de presentación de bispos, foi mediador entre a comisión da Nunciatura, o goberno e o PSOE e foi unha figura clave na consecución dos acordos económicos entre a Santa Sé e o Estado español dentro do marco da revisión do Concordato de 1953, entón vixente.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Grande Cruz da Orde do Mérito Civil (1974)[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gómez de la Serna 2006, p. 54. Tiña 89 anos cando morreu.
- ↑ 2,0 2,1 Gómez de la Serna 2006, p. 54.
- ↑ "El Consejo Privado de Don Juan de Borbón". ABC (Madrid). 2 de abril de 1993.
- ↑ Bardavío 1968, p. 12.
- ↑ Ministerio de Asuntos Exteriores: "Decreto 2724/1974, de 30 de septiembre, por el que se concede la Gran Cruz de la Orden del Mérito Civil a don José Ramón Fernández-Bugallal y Barrón" (PDF). Boletín Oficial del Estado núm. 235, de 1 de outubro de 1974: 19998. ISSN 0212-033X.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bardavío, Joaquín (24 de febreiro de 1968). "El Consejo Privado del Conde de Barcelona". Triunfo XXII (299): 10–13.
- Gómez de la Serna, Pedro (28 de decembro de 2006). "Admiraba el genio y la excelencia". ABC: 54.